DÍA DO LIBRO 2020 NO VILA DE RUTIS


UN "DÍA DO LIBRO" ESPECIAL

Cada ano, o 23 de abril é unha data especial no colexio. Conmémorase o Día Internacional do Libro para fomentar a lectura entre os máis pequenos. 

Hoxe estamos vivindo unhas circunstancias especiais, pero non por iso imos deixar de celebrar esta data. Animamos ás familias a desfrutar coas lecturas dos seus fillos/as, que lle permitirán viaxar a lugares fantásticos, vivir grandes aventuras e deixar voar a imaxinación.

O profesorado do CEIP Vila de Rutis, co desexo de que pronto volvamos á normalidade, quere adicarvos este vídeo e recordarvos que vos botamos moito de menos. Moito ánimo!



Comentarios