SEMANA DA PRENSA
Esta semana, do 11 ao 15 de marzo, celébrase a Semana da Prensa nos centros escolares galegos. Na nosa clase queremos participar nesta celebración e, por iso, hoxe visitounos Natalia, unha periodista que veu pasar un rato con nós e contarnos qué o periodismo, que é un periódico e cales son as partes dunha noticia.
Realizamos con ela tres actividades diferentes. Na primeira entregounos unha fotografía a cada un para que lle puxeramos un titular. Estade atentos porque nun futuro creo que teremos uns cantos periodistas na clase! Hai moito potencial!
Na segunda, por equipos, tivemos que ordenar as partes da noticia e colocalas no seu lugar correspondiente nunha cartolina grande.
E, finalmente, fixemos un xogo de roles. Convertémonos en redactores, xefes de prensa, fotógrafos...e asistentes a unha festa de Entroido sobre a que debiamos dar unha noticia. Pasámolo bomba e aprendemos moito!
Comentarios
Publicar un comentario