Onte foi un día moi interesante para nós, xunto co alumnado da clase mixta de 1º/2º realizamos unha visita á casa do Concello e máis á Torre de Celas.
Como xa sabedes, este trimestre estivemos realizando un pequeno proxecto a través do cal coñecemos un pouco máis acerca do lugar no que vivimos: lugares que visitar, edificios importantes e...un pouquiño máis sobre a historia de Culleredo. Ademais de todo isto, realizamos unha pequena investigación sobre a vida do alcalde...sabemonos os seus datos de memoria! E que mellor que rematar este proxecto que coñecendo ao alcalde e que el nos contara en persoa máis cousiñas sobre o seu traballo?
Tivemos a sorte de que tamén nos recibiu no Concello a concelleira de educación Yessica Méndez, que nos explicou mellor en que consiste o seu traballo e pasou un ratiño moi agradable con nós. Incluso ensinounos o seu despacho!!!
Ensinaronnos o salón de plenos, puidemos sentarnos onde se sentan os diferentes concelleiros/as e os representantes do resto de partidos, falamos co alcalde e fixémoslle preguntas... En definitiva, como xa dixemos, unha actividade moi interesante!
Ao saír do Concello, fumos visitar a torre de Celas, a cal tamén estudamos e sobre a cal sabemos algún pequeno dato... Merendamos alí todos xuntos, xogamos un ratiño, sacamos un par de fotos e...volta para o cole!
E, coma sempre, por aquí vos deixamos algunhas fotiños deste día!
Comentarios
Publicar un comentario