DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES E DAS NENAS NA CIENCIA
O día 11 de febreiro é o Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia e, como non podía ser doutra maneira, onte o celebramos no colexio.En cada unha das aulas indagamos sobre este tema e coñecemos a científicas que produciron avances na ciencia, como Marie Curie. Ademais, cada curso realizou un experimento que mostrou ao resto de cursos no comedor cando nos xuntamos no comedor despois do recreo.
En concreto nós elaboramos un arcoirís con agua, azucre e colorante azul, vermello e amarelo. Tras varios intentos, xa sabemos que a ciencia é ensaio-error, e pensando que non nos ía saír diante dos compañeiros e compañeiras...o conseguimos! Carlota e Lara foron as encargadas de explicarlle ao resto do cole cal era o proceso.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños:
Comentarios
Publicar un comentario