COÑECEMOS AS PROFESIÓNS
Hoxe veu á clase Carmen, a mamá de Mateo. Carmen é enfermeira e os seus pacientes son nenos/as pequenos e mamás.
O primeiro que fixo Carmen foi explicarnos que cousas poden facer as enfermeiras: oscultarnos, tomar a tensión, poñer vacinas, colocar vías con soro...Pero ademais de explicarnolo, trouxo algúns aparatillos á clase para que puideramos facelo tamén nós... Así que, por exemplo, todos escoitamos ao noso corazón...
Tamén nos puxo un aparatiño no dedo co que puidemos comprobar como de rápido vai o noso corazón dependendo das pulsacións que teñamos por minuto...
Aquí foi o momento no que vimos como o soro baixa...
Pero...a parte máis divertida foi cando nos convertemos en médic@s e enfermeir@s:
E tivemos que operar...e colocar no seu sitio os órganos do noso corpo...un xogo que nos viu xenial para practicar o aprendido durante este mes en Ciencias Naturais...
Para despedirse, Carmen regalounos uns bolígrafos moi especiais...xa que teñen forma de xeringa!
Moitísimas grazas por pasar ese ratiño con nós e facernos aprender tanto! Esperamoste de novo en breve!
Comentarios
Publicar un comentario