XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES


Como vos prometín, por aquí vos deixo vídeos, fotos...que me mandastes desde que comezou a corentena. Preparádevos que é unha entrada longa...pero merecerá a pena! Aínda así, non podo recoller aquí todo o que me ides mandando porque é un montón, así que escollín algunhas cousiñas de cada un! Espero que desfrutedes moito vendo aos vosos compañeiros e compañeiras! Recordade que xuntos somos máis fortes e aínda que non nos poidamos ver, estamos unidos. 

  • DELIA: Aquí tedes a Delia, que me mandou este vídeo tan chuli cos seus grupos de 2 en 2. Encantoume o vídeo Delia, moitas gracias!

  • GELENA: Aquí temos a Gelena explicándonos por que é necesaria a labor dos sanitarios. Moitas grazas polo teu vídeo! Esa camisa que levas posta soname de algo...a vós?

  • MATEO: Aquí vos deixo un par de fotografías de Mateo facendo algunhas das tarefas que mandei. E, como vedes, con cambio de look incluido. Estás guapísimo!


  • MARÍA: De María encantoume esta fotografía tan bonita dunha manualidade que fixo e, ademais, o seu audio lendo a redacción que tivestes que facer de "Un día en casa". UN DÍA EN CASA
  • MATÍAS: Mirade Matías que ben está traballando nas matemáticas. Noraboa polo traballo! Segue así!


  • FEDE: O noso compi Fede está aproveitando esta corentena para facerse un experto...pizzeiro! Espero que cando isto remate, nos prepares unha pizza moi rica que o estamos desexando! Ademais, mandoume un vídeo que me fixo moita ilusión! 




                                           

  • LARA: Lara está aproveitando para pasar moito tempo co seu irmán Saúl e divertirse xuntos, como se pode ver fan exercicio, manualidades...Seguide así, que da gusto vervos!

  • JULIA: Julia tamén está traballando moi ben, e bailando moito, que mo contou un paxariño. Mirade canto traballou para elaborar o traballo sobre os incendios de Australia! Noraboa, Julia!

  • ADRIÁN: Adri está a traballar estupendamente, fai todas as tarefas que mando e parece que lle gustan. Estou moi orgullosa de ti, Adri! Segue así! Mirade como estivo facendo os xogos interactivos que vos deixei para repasar ciencias.

                                         

  • SEBAS: Sebas está moi contento na casa e traballando moito tamén. Tan alegre coma sempre! Por aquí vos deixo un vídeo que me mandou despois de escribir o seu nome cos xeroglíficos que buscou.


  • IVÁN: Mirade Iván como se sabe xa as capitais dos países que traballamos na clase. Moi ben, Iván! Que contenta estou! Segue así!

  • GABRIEL: Como me gusta ver que estás traballando moito, Gabi! Encantoume o teu traballo sobre os incendios de Australia e que fixeras os experimentos de ciencias. Desfruta moito!


  • VICTORIA: Victoria estao facendo xenial tamén. Que alegría ver o teu esforzo! Segue así, Victoria! Moito ánimo!


  • PAULA: Paula está escribindo máis que nunca, gustame moito que te esteas esforzando tanto! Estou moi contenta! Segue así que o estás facendo xenial! Deixovos por aquí un par de vídeos dos experimentos de ciencias que fixo!


  • JUNIAS: O voso compi Junias é un auténtico campéon que está traballando moitísimo. Segue así que estou moi orgullosa de ti! Por aquí vos deixo un pequeno vídeo que me enviou. Pinchade no link. Gracias, Junias!    JUNIAS
  • CARLOTA: A Carlota encántanlle os retos que poño cada día e está pasando estes días moi entretida. Mirade que imaxinación ten para resolver as cousiñas que vos vou poñendo por aquí. Noraboa, Carlota!

  • DAVID: David está moi contento na casa, traballando un montón e xenial. Mirade o que me envía hoxe dos xeroglíficos e o seu traballo de Australia. Segue así David!


                                           

  • KAROL: Karol está aproveitando a corentena para facer cousas que lle gustan moito. Por exemplo, puzzles. Aquí vos deixo unha foto que me mandou. E, ademais, tamén está traballando moi ben. E espero que lle estean gustando as actividades. Biquiños, Karol!


  • NICO: Creo que a Nico, igual que a Carlota, tamén lle gustan moito os retos diarios. E senón, mirade que chulos lle quedaron estos retos. Encántame, Nico! Segue así que o estás facendo xenial!

                                                   

  • DANIELA: Daniela bota moito de menos o colexio e aos seus compañeiros e compañeiras. Pero non te preocupes, Daniela, que moi cedo estaremos todos xuntos outra vez. Ademais, mira, están todos estupendos e estupendas! Segue traballando así e non perdas ese sorriso tan bonito que tes! Deixovos unha fotiño e un audio da vosa compi. DANIELA

  • EMMA E EZEQUIEL: Os nosos compis Emma e Ezequiel fixeron caso ao profe David e estiveron practicando o ioga. Por aquí vos deixo as súas fotiños! Seguide así chicos, que o exercicio e moi importante!
                                                




ESPERO QUE VOS GUSTARA! SE SEGUIDES A MANDARME ASÍ FOTOS E VÍDEOS, MÁIS ADIANTE FAREI OUTRA ENTRADA PARA QUE VOS VEXADES! BICOS!

Comentarios