Aínda que non poidamos asistir ao centro, hai que seguir traballando, isto non son unhas vacacións! O primeiro de todo, agardo que esteades todos e todas ben, pasando o tempo o mellor posible! Debemos facer que estes días pasen o máis rápido e amenos posible, aínda que por momentos sexa difícil.
Neste tempo que imos quedar na casa creo que é moi importante que sigamos mantendo unha rutina, dentro do posible...Para que a volta á normalidade non se nos faga tan costa arriba... Así que por aquí vos deixo unha recomendación de horario por se a queredes seguir! Recordade tamén a importancia de que todos os días lean un pouquiño...15 ou 20 minutos diarios será sufiente!
Doutra banda, dicirvos que na marxe do blogue colgarei enlaces a páxinas educativas relacionadas coas distintas materias onde atoparedes materiais e xogos educativos para os tempos de lecer dos rapaces e rapazas. Tentarei ir actualizándoos cada pouco con todo o que vaia atopando na rede e que considere apropiado para este nivel. Conto para iso, e para a elaboración de materiais coa axuda do Departamento de Orientación.
Por último, contarvos un pouco como nos imos a organizar. Cada día subirei as tarefas a realizar seguindo o horario de clase que temos. Serán todas actividades de repaso xa que en ningún caso poden ser actividades avaliables, polo que non podemos adiantar temario. O que si temos que facer é un seguimento. Pídovos, dentro das vosas posibilidades, que me manteñades ao tanto do que vai facendo o alumnado ben por correo electrónico ou ben por abalar móbil. Tamén se aceptar comentarios no blogue! Posiblemente dalgunha actividade concreta se vos pedirá que mandedes algunha fotografía ou vídeo, pero se vos especificara cando sexa necesario.
A maiores, cada día subirei un pequeno reto para que teñades que facer! Cando todo isto remate, teredes a vosa recompensa!
A maiores, cada día subirei un pequeno reto para que teñades que facer! Cando todo isto remate, teredes a vosa recompensa!
Recordarvos que estou aquí para o que precisedes...resolver dúbidas, se necesitades ou queredes máis material... Estarei moi contenta de recibir vídeos dos pequenos/as vendo como pasan estos días...xa os boto de menos! Tentarei tamén facer actividades dinámicas e máis entretidas, para facerlles máis levadeira a cuarentena... Repito, calquier cousa que precisedes, non dubidedes en contactar comigo!
Moitos biquiños e na seguinte entrada atoparedes as tarefas para realizar hoxe!
Comentarios
Publicar un comentario