PROXECTO DO MUNDO: EUROPA

Como xa sabedes, este segundo trimestre comezamos a traballar no novo proxecto de Ciencias: unha volta ao mundo. Coñeceremos algúns países dos diferentes continentes, animais que están en perigo de extinción arredor do mundo, como coidar o noso planeta...e moito máis.

O primeiro continente co que traballamos e do que xa sabemos algo máis como algún país coa súa capital, curiosidades, monumentos importantes...foi EUROPA!

Para rematar con Europa, fixemos un lapbook no que recollemos algunhas das cousas que estivemos aprendendo. Hai moita diversidade, pero quedaron todos moi ben! Xa vos dicimos sempre que somos uns artistas...!


Comentarios