Xa somos nenos e nenas maiores e, con motivo do Entroido quixemos mostrarlles o noso coñecemento sobre o entroido galego aos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos. Estabamos un pouco nerviosos e nerviosas pero...saiu todo de marabilla!
Explicamoslles as principais figuras do entroido en Galicia, as súas costumes, como son os traxes... Para finalizar, axudámoslles a decorar unha careta de peliqueiro onde puxeron o animal co que se sentían identificados. Pasámolo en grande!
E...imos contarvos un segredo...a profe Marta está moi orgullosa de nños! E o profe Javi tamén, por suposto!
Deixamosvos por aquí algunha fotiño!
Comentarios
Publicar un comentario