Este pasado luns día 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O primeiro que fixemos, en colaboración coas demais clases, foi o mural da entrada do colexio:
Para traballar sobre este día contamos cunha visita na clase, Jorge. Con él realizamos diversas actividades a través das cales reflexionamos sobre o papel da muller e do home na sociedade e que cousas podemos facer nós desde a escola e desde a casa para cambiar as desigualdades.
Despois, baixamos ao salón de actos do cole e os nosos compañeiros e compañeiras de 6º EP nos explicaron o motivo de por que celebramos este día.
E, por último, entre todos cantamos a canción "La puerta violeta" de Rozalén. E o estribillo o cantamos tamén en linguaxe de signos.
Na seguinte ligazón podedes ver o vídeo da canción:
https://drive.google.com/file/d/1Muf2MO1oAroT2qoyV0a4zeHazyfUBURO/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario