Rematou o curso 2018/2019. Un curso cheo de novas experiencias, unha nova etapa para todos: profesores e alumnos. Nós chegamos aquí con toda a ilusión do mundo de poñer a funcionar un centro de nova creación, con todo o que iso implica. Agradecer desde aquí o traballo, o esforzo, a implicación...e tamén as dores de cabeza da nosa gran directora, Eladia. Foi un pracer comezar a miña andadura nesta profesión ao teu lado. Ao resto de compañeiros/as, que lles vou dicir? Non puiden ter máis sorte: grandes profesionais e mellores persoas aínda.
Aos meus nenos e nenas... Dicirlles que son marabillosos e totalmente auténticos. Pode que eu lles ensinara cousas novas sobre matemáticas, lingua ou ciencias pero eles ensináronme a min o valor da sinceridade e do compañerismo, o bo que é manter a ilusión e que nunca debemos perder ese espírito infantil. Ensináronme que aínda que teñas un mal día, un abrazo pode arranxalo. E moitísimas máis cousas. Ter un grupo tan estupendo fíxome crer todavía máis nesta profesión, no seu valor e que as horas de traballo merecen a pena con tal de ver os seus avances e as súas caras de felicidade cando lles das a noraboa polo traballo ben feito.
Familias, xa sabedes que tamén fostedes unha parte moi importante deste primeiro cursos dos vosos fillos/as en Primaria. Grazas de corazón por todo.
Un curso que sempre recordarei e do que sempre gardarei o mellor dos recordos. Gracias CEIP Vila de Rutis por brindarme tantas cousas boas e positivas na miña vida. Ogallá vernos de novo no mes de setembro e, se non pode ser, a mellor das sortes para o resto de cursos.
FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!
Comentarios
Publicar un comentario