DÍA DAS LETRAS GALEGA

O pasado venres día 17 de Maio celebrouse o Día das Letras Galegas. Na aula adicamos toda a semana a coñecer un pouco máis sobre o autor deste ano, Antonio Fraguas.

Para iso, realizamos algunhas das actividades propostas polo Seminario Galán para 1º curso de Educación Primaria, a través dun dos poemas do autor: "Moza que levas as vacas". Este poema, aprendémolo de memoria e escribimolo para levar a casa de recordo.

Deixámolo por aquí tamén:

"Moza que levas as vacas,
lévame o meu becerriño,
queda na corte berrando,
pola nai, que é pequeniño."

Tamén aproveitamos os carteis que están no corredor de abaixo do cole para coñecer un pouco máis sobre a vida do citado autor.


E, por último, pintamos todos unha caricatura de Antonio Fraguas que quedaron expostas no corredor para que todos/as as poidades ver.





FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!

Comentarios