O MES DAS MULLERES

A última visita que recibimos neste mes adicado ás mulleres foi a da tía de Paula. Ela é farmacéutica pero cando a vimos entrar na clase pensabamos que era médico, porque con esa bata branca...

Contonunos un pouquiño sobre o que fai na farmacia: vender medicamentos, xarabes, pastillas e, incluso, facer algunha menciña que lles mandan os doutores. Nunha farmacia hai moitísimas cousas...pero sempre temos que tomalas baixo a supervisión do médico/a ou do farmacéutico/a... Ademais de aprender máis sobre as farmacias, tamén lle contamos algunhas experiencias cando estamos maliños...Que pouco nos gusta ter que tomar medicamento...excepto o Dalsy!

De regaliño, deixounos unhas chocolatinas que nos repartiu Paula. Estaban boísimas!

Moitas grazas pola visita e por tanta paciencia con nós!







Comentarios