O MES DAS MULLERES

Este xoves 28 de marzo recibimos na clase á avoa da nosa compañeira Lara. Ela veu contarnos un pouquiño sobre a súa vida... Contounos como era a escola cando era pequena e que con 22 anos marchou para Suiza. Alí traballou nunha fábrica de chocolate... Mmm que rico! Actualmente, ten unhas vaquiñas e coida delas. Cantas cousas fixo na súa vida!

Fíxemoslle un montón de preguntas e aprendemos moito! Sobre todo, que hai que traballar e estudar moito!

Deixounos como regalño unha bolsiña de chuches... Que afortunados somos cos regaliós que nos deixan sempre as nosas visitas!




Comentarios