O MES DAS MULLERES

Esta semana foi algo atareada coas visitas que tivemos...a primeira foi a das bisavoas do noso compañeiro Mateo. Non imos dicir a súa idade exacta pero...que marabilla chegar a súa idade tan ben de saúde e con tanta vitalidade! E, por suposto, que sorte a de Mateo poder telas!

Aprendemos un montón de cousas con elas... Faláronnos da súa infancia: o que facían na escola, como ían ata alí, como se chamaban as súas mestras, a que xogaban... Moitas, moitas cousas! Que distinto é todo agora...

Desfrutamos un montón con elas, fixéronnos pasar un ratiño moi entretido!

 



Trouxéronnos un biscoito que estaba boisimo! Tan bo que ata lles pedimos a receita! 

Moitas grazas pola visita!!

Comentarios