O MES DAS MULLERES
Como xa sabedes, na nosa clase decidimos celebrar o mes das mulleres. Hoxe recibimos a primeira visita dunha muller importante na vida dunha compañeira. Neste caso foi a avoa de Paula quen veu a contarnos un pouquiño sobre a súa vida.Contounos que estivo vivindo en Suiza, e que sabe falar un pouquiño de alemán e tamén italiano (estivo ensinándonos algunhas palabriñas, case saímos da clase sendo uns expertos no idioma), tamén nos contou que traballou en varias cousas: nunha conservera, facendo roupa para Zara, nunha panadaría... A verdade é que pódese dicir que tivo unha vida moi intensa!
Ademais...tróuxonos unhas gominolas de regalo, que repartiunos Paula... Moitísimas grazas pola súa visita!
Comentarios
Publicar un comentario