O MES DAS MULLERES
Seguimos coa visita de mulleres importantes...o pasado mércores 20 de marzo recibimos na clase á madriña de Carlota. Ela traballa en Lugo (grazas pola viaxe ata aquí para vir visitarnos) e, aínda que ela traballa no departamento de contabilidade, veu contarnos como funciona un muíño de vento e para que se utilizan.Púxonos un pequeno vídeo no que se ven as instalacións e as persoas que traballan con ela.
Despois, explicounos e axudounos a facer un muíño de papel. ao comezo custou un pouco que xiraran, pero o conseguimos!
E, por último, entre ela e Carlota nos repartiron unhas galletiñas para que tomaramos no recreo!
Moitísimas grazas por vir falar con nós e ensinarnos un pouquiño máis sobre a enerxía do vento (vennos fenomenal para o próximo tema de Ciencias Naturais :) ). Ata a próxima!
Comentarios
Publicar un comentario