DÍA DE ROSALÍA
O día 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía en Galicia. No colexio celebrámolo o luns 25.
Na clase, o que fixemos foi falar un pouco de quen era Rosalía e por que é tan importante para a cultura galega. Fixemos un marcapáxinas coa fotografía de Rosalía:
Despois, baixamos á biblioteca e os nenos e nenas de 6º EP léronnos unha pequena biografía sobre a autora e algúns dos seus poemas máis famosos:
Por último, entre todos os alumnos e alumnas do centro, fixemos un mural conmemorativo a Rosalía:
Que ben o pasan estes rapaces no colegio!!
ResponderEliminar