O DÍA DA PAZ
Bos días a todos e todas! Estivemos un pouquiño desconectados por aquí, tedes que perdoarnos, á volta ao cole foi intensa!
Nesta entrada vimos a contarvos como foi a celebración do Día da Paz no colexio. Para comezar, na clase estivemos falando da orixe desta celebración, a súa importancia, por que debemos resolver conflitos pacíficamente... E, para iso, elaboramos tamén un semáforo da paz na que clasificamos diferentes accións:
- Cor verte: accións que promoven a paz.
- Cor laranxa: accións que ás veces promoven a paz e outras non.
- Cor vermello: accións que non promoven a paz.
Por outro lado, tamén decoramos o colexio en colaboración co resto de alumnado de EP e co alumnado de EI.
E, para finalizar, o día 30 fixemos unha celebración conxunta co resto de cursos na que limos diferentes textos e cantamos unha canción todos xuntos.
Comentarios
Publicar un comentario