DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

O luns 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e nós celebrámolo dunha maneira especial. Para comezar, durante a semana do 26 ao 30 de novembro, na hora do plan lector, lemos cada día un conto sobre un tipo de discapacidade, que podedes ver e ler na seguinte páxina: http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/ 

Con estes contos aprendemos un pouco máis sobre a discapacidade e tamén reflexionamos todos xuntos como debemos tratar ás persoas con esta condición.

O seguinte que fixemos foi ver un par de curtametraxes, das que tamén vos deixo aquí o enlace:
E que tamén nos serviron para darnos conta das cousas que podemos facer para axudar ás persoas discapacitadas.

O propio luns fixemos uns xogos nos que intentamos poñernos, por uns minutos, na pel daqueles que teñen unha discapacidade auditiva, visual ou motora.

Aquí vemos a Camila, Mateo e Iván intentando chegar dun lado da clase ao outro, seguindo as indicacións dun compañeiro/a, cando os demais están facendo ruido e non poden escoitar ben o que lles din.



 Aquí, vemos a Karol e Adrián cos ollos tapados e querendo chegar á outra punta da clase sen ver e segindo as indicacións.


María, Delia, Camila, Lara, Carlota e Junias intentaron facer actividades da vida cotiá como poñer unha chaqueta, baixar a cadeira da mesa, atarse o pelo ou descalzarse tendo un brazo impedido. Déronse conta que non é tan doado como parece...

























O último que fixemos foi recibir unha visita moi especial...a asociación ASPADISOL acudiu ao colexio para contarnos un conto...foi unha maneira diferente de ler contos e tanto os nosos alumnos/as coma os compoñentes da asociación o pasaron moi ben e desfrutaron moito...Moitístimas grazas por vir!






Comentarios