O SAMAÍN XA CHEGOU!

Por fin chegou o 31 de outubro e a celebración do Samaín. Foi un día especial e distinto no cole... Os profes viñeron disfrazados e...a maioría dos rapaces e rapazas tamén, e que disfraces máis chulos traían todos/as!!
O alumnado brindounos cuns postres terroríficos que...estaban boísimos! Vaia enchenta collemos antes de baixar ao recreo...






Tamén fixemos unha visita á aula do terror, que montamos entre todos os nenos/as do cole...Luces apagadas, un cemiterio, arañas terroríficas, morcegos, Frankestein, esqueletes...nese lugar había de todo! Pero, como somos moi valentes, non tivemos nadiña de medo!!

Despois de desfrutar dun longo recreo...xuntámonos todos no ximnasio do cole e...unha "bruxa" malvada leunos un conto de bruxas.





Aquí vos deixamos algunhas fotiños no ximnasio mentres esperabamos aos nenos e nenas de infantil para poder bailar e cantar todos xuntos a canción do Samaín.




 E, por último...unha fotiño de grupo!



Comentarios