Día Internacional pola Eliminación das Violencias hacia as Mulleres

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o día Internacional contra a Violencia de xénero. Na nosa clase quixemos conmemorar este día tan importante ao longo da semana pasada.

En primeiro lugar, o que fixemos foi un pequeno debate e choiva de ideas sobre o que é a violencia en xeral. 

Despois, lemos o conto "El monstruo" de Daniel Martín: Rosario e o seu irmán viven cun monstruo. É forte e alto; escupe espuma pola boca e, en moitas ocasións, os seus ollos tíñense de vermello. 

Este relato acercanos ás emocións de dous irmáns que viven situacións de violencia no seu fogar. As vivencias son descritas desde o punto de vista dos nenos que afrontan os feitos desde unha mirada tímida e inocente. 

Serviunos para reflexionar sobre quen podería ser o monstruo, se era bo permitir este tipode comportamento, como podemos buscar axuda...


Outro día o dedicamos a inventar un final sobre que pasaría co monstruo despois de que marchara da casa. 

No colexio tamén celebramos este día. Entre todos, elaboramos un mural grande con 3 lazos ben grandes. Cada neno do cole elaborou unha man na que escribiu 5 palabras clave: igualdade, libertade, felicidade, non ao maltrato...

Aquí vos deixamos a fotiño que nos sacamos despois de colocar as nosas mans no mural:



Comentarios