COÑECEMOS AS PROFESIÓNS

A segunda visita que tivemos para aprender máis das profesións foi a de Dona, a mamá de Delia.

Dona contounos que o seu soño dende sempre é ser azafata de voo. Para iso, estivo estudando en Inglaterra e perfeccionando o seu inglés, estudiou para ser azafata de voo pero tamén azafata de terra. E explicounos en que consiste iso exactamente, porque algún e algunha estabamos un pouco perdidos...

Actualmente, está a buscar traballo diso pero, mentres, traballa para Pescanova. Esperamos que moi prontiño Doña poda cumprir o seu soño de traballar no que realmente lle gusta e para o que tanto se preparou!

Grazas pola túa visita! Sen dúbida, rimos un montón todos xuntos!





Comentarios