COÑECEMOS AS PROFESIÓNS
Seguimos coñecendo profesións e... seguiremos!
Nesta ocasión visitounos Pilar, a mamá de María. Pilar traballa nunha escola infantil, a Galiña Azul. O primeiro que fixo foi contarnos diferentes actividades que fai na escola cos seus nenos e nenas e mostrarnos algunhas imaxes. E...nesas imaxes saían os nosos compañeiros Emma, Ezequiel e María, xa que cando eran pequeniños foros os seus alumnos. Que coincidencia!
Despois de ensinarnos as fotos, Pilar deixounos xogar con algúns dos xogos que ten na escola, para que vexamos o ben que o pasan os nenos e coñecer xogos novos.
A continuación, ensinounos algunhas das marionetas que ten para contarlles contos aos seus alumnos e alumnas.
E, por último, entre ela e María contarónnos un par de contos que nos gustaron moito!
Ah! Case se me olvida! Pilar trouxonos un pequeno agasallo para a nosa biblioteca de aula, un xogo de sumas que estamos desexando estrear! Moitas grazas Pilar pola túa visita! Esperamos volver a verte prontiño.
Comentarios
Publicar un comentario