COÑECEMOS AS PROFESIÓNS

Onte recibimos a visita de Lydia, a mamá de Nico. Lydia traballa nunha panadería do grupo Da Cunha. 
Para comezar coa súa visita, púxonos un vídeo onde se nos explicaba a historia do grupo, como funcionan as panaderías, cal é o proceso de elaboración do pan...Aprendemos un montón!



Despois de ver o vídeo, fixemos unha ronda de preguntas e comentamos algunha anécdota... Algúns compañeiros/as son uns expertos en facer pan...polo que nos contan! jaja

Para rematar coa súa visita, Lydia e Nico repartíronnos unhas magdalenas con pepitas de chocolate que estaban... boísimas! 




Como vedes, Nico repartía magdalenas e nós...repatíamoslle moito amor!


Moitas grazas pola túa visita e esperámoste de volta moi cedo!


Comentarios