COÑECEMOS AS PROFESIÓNS
Onte foi un día moi atarefado...a primeira visita que recibimos foi a da mamá de Camila. Contounos que no seu país era contable, explicounos o seu traballo dunha forma moi sinxela pero...algún e algunha non o entenderon moi ben...As cousas que teñen que ver con números sempre nos parecen moi difíciles!! O que si entendemos á perfección foi que tamén traballou como policía escolar: vixiaba que non entrara ninguén no colexio a robar, controlaba o tráfico á entrada do centro, vixiaba que todos os nenos e nenas tiveran un bo comportamento...Tamén nos falou do seu actual traballo, que non é menos importante cos demais: encargarse das cousas da casa e coidar dos seus fillos! E que Camila ten un irmanciño pequeno, Aarón, que tamén veu de visita á clase e portouse de marabilla!! Moitas grazas por vir e pasar un ratiño con nós! Ah, e grazas tamén polas galletas tan boas que nos trouxeches!
Comentarios
Publicar un comentario