COÑECEMOS AS PROFESIÓNS
No día de hoxe recibimos a visita de Ana, a mamá de Carlota. Ana traballa para a empresa Setex, que é a que se encarga de controlar a ORA na nosa cidade. Era un traballo algo complicado de explicar, pero fíxoo xenial e gustounos moito!! Para facilitalo, preparounos unha presentación moi chula que nos axudou moito a entendelo mellor!!
Aprendemos os tipos de prazas que hai na ORA, que significa o color que teñen, canto tempo podemos permanecer en cada unha...
Desde aquí agradecemosche a túa visita e o teu tempo adicado a nós!!!
Vanse acabando as visitas dos papás e mamás...canto estamos aprendendo con eles!!
Comentarios
Publicar un comentario