COÑECEMOS AS PROFESIÓNS

Hoxe veu de visita á nosa aula Silvia, a mamá da nosa compañeira Lara. Silvia é perruqueira e contounos o que tivo que estudar e canto lle gustaba peitear as bonecas cando era unha meniña.



Despois, deunos un par de truquiños do que temos que facer para lavar ben a nosa cabeza.


Máis tarde, ensinounos como se pintan as unllas e...aí fomos todos a practicar!
















A nosa profe foi a nosa "clienta" e comprobou o ben que pintamos as unllas todos...






Mirade que guapos e guapas estabamos...































E, por último, o que fixo Silvia foi...peitearnos! Fixo trenzas, púxonos o pelo de punta, botounos purpurina...e nós encantados! Mirade que guapísimos/as!!! (Tiñades que escoitar os piropos que nos botabamos os uns aos outros...).




















Moitsímas grazas pola túa visita, Silvia, e por facernos desfrutar tanto!

Comentarios