COÑECEMOS AS PROFESIÓNS
Hoxe recibimos outra visita moi especial, Emiliano, o papá de Karol. Emiliano entrou na clase contándonos que era...mago!
De feito, fixemos un pequeno truco de maxia con el...para intentar comprender o que é a Banda de Moebius.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños de como seguimos os pasos do truco!
Ao final resultou que Emiliano, ademais de ser mago, é profesor de Matemáticas no instituto! Xa nos dicía Karol que o seu pai non era mago... Con este pequeno truco o que intentou transmitirnos é que as matemáticas tamén poden ser moi divertidas! Tamén nos contou un pouquiño da súa experiencia en Canadá coma profesor, o que nos permitiu coñecer máis lugares e situalos no mapa do mundo!
Para rematar, fíxonos un pequeno agasallo...unha carpetiña onde gardar os nosos debuxos e un chaveiro onde gardas as nosas chaves!
Moitas grazas pola túa visita! E recorda Emiliano, a próxima vez que veñas a ver se es capaz de levantar unha mesa coa túa maxia!
Comentarios
Publicar un comentario