COÑECEMOS AS PROFESIÓNS

Esta semana seguiremos coñecendo as profesións... Hoxe visitounos Álex, o papá de Carlota. Foi unha visita moi interesante e aprendemos un montón sobre...o frío!

Primeiro fixemos un pequeno esquema sobre todos os alimentos que temos no noso frigorífico e que, polo tanto, necesitan do frío para a súa conservación...




Álex, a maiores de explicarnos cal é o proceso de conservación dos plátanos, explicounos que tamén se encargan de facer o xeo en escamas para a conservación dos peixes e mariscos, pistas para patinar sobre xeo...

Ensinounos un par de aparellos imprescindibles no seu traballo, e para que se usan: o termómetro e o anemómetro.



E, por último, entre el e Carlota deronnos un pequeno agasallo, que nos gustou moito!! Ademais, uns ricos plátanos están esperando por nós para ser desfrutados mañá (xa que hoxe ao ter o magosto, non puido ser).


Moitas grazas pola túa visita, Álex, e grazas tamén por mandarnos esa mensaxe sobre a importancia que ten traballar en equipo.

Comentarios