COÑECEMOS AS PROFESIÓNS


Boas a todos e todas!

Esta semana comezamos xa a coñecer as profesións! E, para iso, pedimos axuda aos papás e mamás da clase.

O primeiro que se atreveu a vir contarnos en que consiste o seu traballo foi Fernando, o papá do noso compi Adri.

Fernando é auxiliar de enfermería nunha residencia de persoas maiores. Contounos o que fai no traballo, as técnicas que usa, os coidados especiais que necesitan estas personas, os instrumentos e materiais dos que dispón...Pero, sobretodo, transmitiunos unha mensaxe moi moi bonita: o máis importante é coidar dos nosos maiores!

Moitísimas grazas pola túa visita, Fernando, e por ensinarnos tantas cousas. Pasámolo moi ben contigo!







Comentarios