A celebración do Magosto cada vez está máis cerca...e para ir adentrándonos no espíritu festivo, hoxe tivemos a visita de Caxoto, que viu facer un contacontos sobre o Magosto. Contounos unha historia moi divertida sobre a súa ávoa e...as raíñas e reis dos animais! Coñecemos o que é un zoncho, novos instrumentos, cantamos "A saia da Carolina" e rimos un montón todos xuntos!
Comentarios
Publicar un comentario