BENVIDOS!!

Benvidos ao novo CEIP Culleredo!


O día 12 de setembro inauguramos o cole. Somos os primeiros alumnos e alumnas deste gran colexio! Foi un día moi importante e divertido para todos. Estabamos un pouco nerviosos por coñecer o colexio, aos novos compañeiros/as e profes...pero todo marchou sobre rodas!

Ese día fixemos moitas cousas...cortar a cinta inaugural do colexio, deixar as nosas pegadas nun mural á entrada, coñecer todas as aulas, ler uns poemas na biblioteca e, por último, fixemos un gran xogo de escapismo entre todos os nenos e nenas do colexio.

Na nosa aula celebramos o cumple da nosa compañeira Carlota, que tivo a sorte de cumprir 6 anos o mesmo día que comezaba a nosa aventura neste novo cole. Seguro que é un día que non olvidará xamais!

Agora deixámosvos unhas fotos deste gran día. Esperamos que as desfrutedes!

Vémonos na próxima entrada ao blog! Bicos para todos.


O antes...




E o despois...




      











Comentarios